VI EDICIÓN
11 a 14 de agosto
NARÓN · NEDA · CEDEIRA
BRIGADA BRAVO & DÍAZ
BRIGADA BRAVO & DÍAZ
Sábado 13 de Agosto de 2022
13:00
Neda
Ribeira de San Nicolás
entrada libre

O dúo formado polo zanfonista Germán Díaz e o guitarrista Antonio Bravo, especialízase nas músicas compostas durante conflitos bélicos, atraídos polos incribles fondos fonográficos que se conservan destes repertorios e pola proxección emocional das cancións xurdidas en tan duras circunstancias.

Bravo & Díaz editaron dous traballos discográficos: “Músicas populares de la Guerra Civil Española” e “Músicas populares de la Gran Guerra”, este último baseado nun fondo de dixitalización de cilindros de cera cedido pola Universidade de California.

No directo, combinan instrumentos mecánicos de máis dun século de antigüidade con loops e novas tecnoloxías. Un concerto sorprendente e emocionante onde o jazz e cancioneiro popular atópanse para levarnos a lugares inesperados.