VIII EDICIÓN
do 16 ao 20 de agosto
NARÓN· NEDA· CEDEIRA· VALDOVIÑO

CUARTETO FEDERAL
Cedeira
Parque de San Isidro
Luns 19 de Agosto de 2024
21:30
De balde

O encontro entre catro talentos do jazz contemporáneo, catro músicos convocados dende a periferia tanto xeográfica como estilística. Esta reunión artística nace da fundación da Federación Española de Músicos Profesionais de Jazz (FMJazz), dispoñendo o destino que ese cuarteto de representantes doutras tantas asociacións, fora á súa vez unha das formacións tótem do jazz contemporáneo: piano, batería, saxo e contrabaixo. Andalucía, Catalunya, Canarias e Galicia. Javier Galiana, Guillem Arnedo, Kike Perdomo e Xacobe Martínez Antelo. Un proxecto único que explora desde o jazz de vangarda tanto os lugares comúns como as diversidades territoriais.