Desta banda nada en Ferrol no 2019, din Álvaro Fernández (saxo alto), Hugo Martsan (teclados), Gabriel Visinel (guitarra), Ángel Rodríguez (batería) e Andrés Real (baixo), que o que pretende é derrubar as ideas preconcibidas e demostrar que o jazz é unha inmensa fonte de mestizaxe musical da que poden beber tanto os amantes do jazz máis tradicional como da nova ola do rock. Misturando jazz e rock progresivo, compoñen música propia instrumental e introspectiva, inspirados por artistas tan diferentes como Tigran Hamasyan, Django Reinhardt ou John Scofield.