IX EDICIÓN
agosto de 2025
NARÓN· NEDA· CEDEIRA· VALDOVIÑO

Jazz de Ría 2019 - domingo noite - Marcos Teira Quinteto NÓs
ISAÍAS SALAZAR | aula aberta de palmas flamencas
Narón
Parque Freixeiro
Sábado 17 de Agosto de 2024
18:00
De balde

O ferrolán Isaías Salazar aprendeu a bailar e a tocar coa súa familia, desde ben pequeno. Con 18 anos trasladouse a Santiago, onde comezou a tocar con Miguel Flores, Iria Peña, Marcos Teira ou Alejandro Vargas, arrancando así a súa carreira profesional. Nos últimos anos ten colaborado con artistas como Duquende, Arcángel, Josemi Carmona, Pakete, Javier Colina e Salvador Sobral, entre outros.

Neste obradoiro, para o que non é preciso ter coñecementos previos, aprenderemos a tocar algúns dos principais palos do flamenco, como os tangos, a bulería ou a soléa, poñendo despois en práctica o aprendido acompañando o baile de Isaías.