Un pianobar literal e itinerante, coma se dunha viaxe no tempo se tratase, recreando unha coctelería con música en directo, tan popular clandestinamente nos anos 30, durante a Prohibición. Dixieland, swing ou calipso danse cita no seu repertorio inspirado nas grandes artistas daquela época, mesturando a música con comedia e creando arredor do seu piano unha enerxía que nos transporta ás películas dos anos dourados de Hollywood.