VI EDICIÓN
11 a 14 de agosto
NARÓN · NEDA · CEDEIRA
LOS AURORA
LOS AURORA
Venres 12 de Agosto de 2022
21:30
Narón
Parque Freixeiro
entrada libre

Los Aurora é un grupo de flamenco-jazz de Barcelona que está revolucionando a escena nacional e internacional cunha proposta atrevida e persoal. Unha bocanada de aire fresco dun xénero como o flamenco, que perdeu o medo a fusionarse con outras estéticas.

Pere Martínez ao cante, Max Villavecchia ao piano, Javi Garrabella ao baixo e Joan Carles Marí á batería, acompañados por Jose Manuel Álvarez ou Pol Jiménez ao baile, emprenderon unha aventura musical que recorre as cancións máis populares do flamenco, mentras evolucionan cara linguaxes transgresoras. O seu son parte do flamenco e camiña cara o jazz, os dous estilos que configuran o ADN desta formación xoven, alonxándose da sonoridade máis clásica das composicións nas que se inspira.

O espectáculo en directo é un reflexo do disco Aurora, a súa primeira referencia discográfica, un álbum onde renden homenaxe á figura de Manuel de Falla a partir da propia obra do compositor gaditano e da súa relación con Federico García Lorca e co folclorista Felip Pedrell. Cun segundo disco en directo xa no mercado, preparan agora a saída do que será a súa segunda referencia de estudio, “La Balsa de la Medusa”, moito máis experimental e achegado incluso ao rock progresivo.