Con só voz e contrabaixo, estes dous talentos cataláns volven sorprendernos cun disco inspirado nas viaxes marítimas e no intercambio cultural que estas provocaban en tempos pasados. É “Re-Tornar”, volver ás orixes despois dunha viaxe na que aprendemos novos ritmos e melodías, fortalecendo as nosas raíces para poder despois transformalas sen perder a súa esencia. Atópanse aquí o jazz, o folclore iberoamericano e todas as influencias recollidas polos dous nas súas diversas e xa extensas carreiras.