VII EDICIÓN
do 18 ao 21 de agosto
NARÓN· NEDA· CEDEIRA· VALDOVIÑO

NASTASIA ZÜRCHER 
Valdoviño
Praia do Baleo
Luns 21 de Agosto de 2023
21:30
Entrada libre

A vocalista e compositora galego-suíza consolida co seu terceiro disco a súa interesantísima carreira profesional, asentando unha pegada artística colorida, persoal, creativa e inigualable. Por isto, foi premiada como “Artista do Ano” nos Premios Martín Códax da Música 2022. 

“But Life Is Beauty Full” tradúcese nun enérxico e dinámico espectáculo, un concerto ecléctico e rico en variedade de estilos e de linguas: neosoul, jazz, afro-pop-folk, R&B contemporáneo e sonoridades das músicas do mundo cantadas en galego, castelán, inglés e francés. 

Acompañada polo seu produtor, arranxista e man dereita Adrián Saavedra nos teclados, Nastasia Zürcher tráenos unha proposta coidada, chea de emocións e momentos corais co público.