VI EDICIÓN
11 a 14 de agosto
NARÓN · NEDA · CEDEIRA
NICOTINE SWING
NICOTINE SWING
Sábado 13 de Agosto de 2022
21:30
Narón
Parque Freixeiro
entrada libre

Os canarios Nicotine Swing presentan un espectáculo onde o swing e o gipsy jazz crúzanse coa sensibilidade de Billie Holiday, a intensidade de Mon Laferte ou as paisaxes de Morricone. Desde os seus inicios en Tenerife no 2007, foron incorporando sonoridades a un estilo único e difícil de etiquetar, unha proposta diferente liderada pola voz personalísima de Bárbara Bernardeschi.

Recoñecidos nos Premios Canarios de la Música e con varias xiras internacionais ás súas costas, visitan por primeira vez Galicia para adiantarnos o repertorio de Santo Rencor, o seu espectáculo máis ambicioso.

*Concerto apoiado polo programa Canarias Crea do Gobierno de Canarias, Ayuntamiento de Las Palmas de Gran Canaria e LPA Music Market.