VIII EDICIÓN
do 16 ao 20 de agosto
NARÓN· NEDA· CEDEIRA· VALDOVIÑO

PABLO SANMAMED TRÍO + BENXAMÍN OTERO
Narón
Parque Freixeiro
Sábado 17 de Agosto de 2024
20:30
De balde

Un contrabaixista cunha interpretación sinxela e conmovedora, capaz de irradiar unha beleza reflexiva. Pablo creou un mundo sonoro rico e propio, un son que se funde na herdanza do jazz de autor, a world music e as influencias da música contemporánea e cinematográfica. “Zugunruhe”, o terceiro álbum de estudo do seu trío, formado por Iago Mourinho ao piano e Bruno Couceiro á batería, inspírase no comportamento ansioso que se dá nas aves migratorias ás que se lles impide migrar. Agora, coa incorporación de Benxamín Otero no óboe e o corno inglés, dá forma a un novo cuarteto que forxa un son comunitario inmersivo.