VII EDICIÓN
do 18 ao 21 de agosto
NARÓN· NEDA· CEDEIRA· VALDOVIÑO

POR MÍ, SWING
Narón
Parque Freixeiro
Sábado 19 de Agosto de 2023
20:30
Entrada libre

Por mí, Swing é unha banda especializada na música swing dos anos 30, 40 e 50, que engloba diferentes estilos, cada un co seu baile asociado, todos eles populares na primeira metade do s.XX. Falamos de lindy hop, claquette, balboa, charleston, collegiate shag…, estilos que rexurden nos anos 80 e que cada vez teñen máis adeptos. 

Esta banda, formada por tres voces femininas, unha voz masculina, contrabaixo, saxo, clarinete, piano, batería e guitarra, buscan co seu espectáculo que o público abandone o papel contemplativo do espectador e participe a través do baile, que é o combustible que realmente alimenta aos músicos en escena.