VII EDICIÓN
do 18 ao 21 de agosto
NARÓN· NEDA· CEDEIRA· VALDOVIÑO

ST. JAMES DIXIE BAND 
Narón
Parque Freixeiro
Sábado 19 de Agosto de 2023
19:30
Entrada libre

Dende 2018, a banda liderada por Óscar Prieto busca dar a coñecer estilos como o dixieland, o second line e o swing. Coa axuda de Fausto Escrigas (saxo soprano) Xoán (voz), Cabe (banjo e tuba) conseguen darlle voz ao amplo repertorio musical dos anos 20 con temas frenéticos e melancólicos que tan ben recrean a situación social daquela época. Ao longo destes anos teñen colaborado coa banda grandes referentes do jazz galego como Pablo Castaño, Virxilio da Silva, David Regueiro, Xan Campos ou Max Gómez.