Tras 21 anos xuntos, o pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez e o batería L.A.R. Legido, presentan o seu séptimo disco, “7 visións”, a consolidación dun xeito único de entender a música. O trío de jazz galego máis internacional, con xiras en China, Corea, Sudáfrica, México ou Marrocos, entre moitos outros países, é xa un grupo de culto. Referente do jazz estatal contemporáneo, veñen de recibir o Premio Jazz España 2022.
Neste último álbum, Sumrrá colle perspectiva e reflexiona a través da música sobre a nosa propia existencia, traballando conceptos universais nun inspirador exercicio de autocoñecemento. 7 visións lúcidas e xeniais, o mellor disco de Sumrrá cun directo arrollador.