IX EDICIÓN
agosto de 2025
NARÓN· NEDA· CEDEIRA· VALDOVIÑO

SWING ON | aula aberta de baile swing
Narón
Parque Freixeiro
Sábado 17 de Agosto de 2024
16:30
De balde

A escola Swing On (Vigo), liderada por Elena e Jorge, conta con máis dunha década de experiencia ensinando e difundindo a cultura swing.

Para a romaría do Parque Freixeiro, ofrécennos unha aula aberta de lindy hop, unha clase de baile fácil e relaxada, divertidísima, para todo tipo de persoas, para quen nunca bailou ou para quen xa sabe un chisco, para todas as idades e formas físicas.

Non é preciso inscribirse.