The Sey Sisters é un espectacular trío de voces que, a través do soul, o gospel e un estilo pop impregnado de sonoridades africanas, únense co obxectivo de loitar contra as inxustizas, defender os dereitos humanos e transmitir esperanza no futuro. Estas tres irmás catalás de ascendencia ghanesa reivindican o seu lugar e a súa identidade como mulleres afrodescendentes a través das súas voces e os ritmos máis vibrantes da música negra.
En directo son emoción e enerxía en estado puro e, acompañadas polo pianista Albert Bartolomé, completan un apaixonante círculo que conmove a alma e remove conciencias. “We got your back” é o seu terceiro álbum, lanzado no 2021, co que The Sey Sisters reafirman a súa mensaxe antirracista e feminista, sempre presente nos seus espectáculos e na súa vida, levando na memoria o legado das xeracións que as preceden. “Abrimos un espazo para o coidado, para o empoderamento, para reforzar o sentimento de comunidade e para honrar aos nosos antepasados e ás persoas que morreron e continúan morrendo na viaxe” (The Sey Sisters).