VII EDICIÓN
do 18 ao 21 de agosto
NARÓN· NEDA· CEDEIRA· VALDOVIÑO

UDRA 
Neda
Ribeira de San Nicolás
Domingo 20 de Agosto de 2023
13:00
Entrada libre

Udra é un triángulo musical formado por Maritxinha, Diego Salgado e Álvaro Trillo, un trío que condensa o coidado da razón, a honestidade do corazón e a enerxía da víscera. 

A banda naceu no inicio do 2020 na procura dunha sonoridade que vai do jazz ao soul e o funk. As súas composicións foron evoluíndo cos tempos, introducindo elementos do rock progresivo, a electrónica e a world music, chegando a unha linguaxe propia enmarcada no neosoul e en galego. 

Udra é a terra mollada, a busca do orgánico, da orixe oculta baixo a lama. A exploración do sintético e da herdanza estática, é a precisión mecánica, o tropezo accidental coas ideas que viven e vivirán. É sensibilidade e forza, a brutal honestidade e a empatía permeable, a perfección asimétrica, a pureza dun gólem de emocións. 

Premio a mellor proxecto de blues, funk e soul nos Premios Martín Códax da Música 2023.