VII EDICIÓN
do 18 ao 21 de agosto
NARÓN· NEDA· CEDEIRA· VALDOVIÑO

XOSÉ MIGUÉLEZ & JEAN-MICHEL PILC QUARTET 
Cedeira
Parque de San Isidro
Domingo 20 de Agosto de 2023
21:30
Entrada libre

Despois da grande acollida de “Ontology” álbum publicado pola discográfica americana Origin records, o saxofonista galego Xose Miguélez e Jean-Michel Pilc, un dos pianistas máis destacados do panorama internacional, deciden crear un novo cuarteto, para o que contan con dous dos músicos máis sobresaíntes do jazz portugués, Carlos Barretto no contrabaixo e Marcos Cavaleiro na batería.

Froito desta xuntanza, nace un novo traballo discográfico, o segundo para a discográfica de Seattle, baixo o nome de “Contradictio” que acada unha resposta extraordinaria pola crítica nacional e mesmo da internacional.

O álbum aparece dentro dos máis salientados do ano nas listaxes de xornalistas de jazz como Sammy Stein (Jazzviews), Mirian Arbalejo (Jazz Journalist Asociation), Rudy de Juana (CaravanJazz), Salvador Catalán (Diario de Sevilla) ou Lois Atanes (O recanto do Corcovado), entre outros.

O cuarteto presenta, por primeira vez, nesta edición do “Jazz de Ría”, música dos dous discos anteriores, que foron galardonados nos “Premios Martín Códax da música galega” (eds 19 e 22) e composicións do que será o seu vindeiro traballo.