X EDICIÓN

12 a 16 de agosto de 2026

NARÓN· NEDA· CEDEIRA· VALDOVIÑO
BAILE NA RIBEIRA, paseo sonoro guiado con FERNANDO FERNÁNDEZ REGO
Neda
Ribeira de San Nicolás
Domingo 17 de Agosto de 2025
11:30

Como sería o baile na Ribeira se o antigo salón continuase aberto ata os anos 70? Seguramente tocarían alí Los Zares, Los Sprinters, Los Players, Los Zafiros e tantas outras formacións que agromaron desde os anos 50 en Ferrolterra. Neste paseo sonoro, comisariado polo xornalista musical Fernando Fernández Rego, poderemos escoitar as mellores gravacións da época. Só hai que camiñar polo barrio mariñeiro de San Nicolás, escanear os códigos QR e deixarse levar nesta viaxe no tempo.

O paseo sonoro estará dispoñible para escoita libre do 15 ao 31 de agosto. Recoméndase levar auriculares.