X EDICIÓN

12 a 16 de agosto de 2026

NARÓN· NEDA· CEDEIRA· VALDOVIÑO
COPOS DE AVENA
Valdoviño
Praia do Baleo
Martes 19 de Agosto de 2025
21:00
De balde

Bolero, bossa e jazz con ollada contemporánea

Copos de Avena é un cuarteto musical que fusiona os sons cálidos e expresivos de América Latina coa liberdade do jazz contemporáneo. A súa proposta artística parte do bolero, a bossa nova e outras músicas de raíz sudamericana, reinterpretadas cun enfoque jazzístico que achega frescura, emoción e unha nova dimensión sonora.

O repertorio do grupo abrangue desde revisións de clásicos cubanos e brasileiros ata composicións de autoría contemporánea, con especial atención a voces femininas e iberoamericanas como Silvia Pérez CruzNatalia LafourcadeRita Payés ou Jorge Drexler. A súa música é unha ponte entre tradición e vangarda, onde o respecto polos xéneros orixinais convive coa reinterpretación libre e creativa.

A formación está composta por catro músicos con ampla traxectoria na escena galega e ibérica:

  • Yudit Almeida (contrabaixo e composición): artista cubana con formación clásica e jazzística, activa en Galiza e Portugal.
  • Iago Marta (guitarra): compositor ecléctico, con experiencia en jazz, música para imaxe e proxectos interdisciplinares.
  • Gloria Pavía (voz): cantante galega premiada como Artista Revelación nos Premios Martín Códax 2024.
  • Héctor Agulla (batería): músico versátil con ampla experiencia en jazz, rock, hip hop e música experimental.

A pesar de ser un proxecto recente, Copos de Avena xa ten actuado en festivais e salas como o Sea FestFeitoamánXoves ó SolporSala Kominsky ou Borriquita de Belém, recibindo unha excelente acollida por parte do público e da crítica.

O grupo tamén coida o seu universo visual e conceptual, ofrecendo unha experiencia artística completa que vai máis alá do son. A súa presenza en redes e plataformas como BandcampInstagram e YouTube permite seguirlles a pista e descubrir o seu traballo en continuo crecemento.

Copos de Avena no Jazz de Ría 2025

No marco do Jazz de Ría 2025Copos de Avena ofrecerá un concerto moi especial o martes 19 de agosto ao solpor na Praia do Baleo (Valdoviño). Será o peche perfecto para esta edición do festival, cunha proposta que encaixa á perfección co seu espírito: música sen códigos, en diálogo coa paisaxe e coas emocións.

A súa actuación mestura raíz e contemporaneidade, tradición e liberdade, nun formato íntimo e envolvente que convida á escoita atenta e ao gozo compartido. Un final de festival para deixar que a música se funda coa luz do solpor e o son do mar.