X EDICIÓN

12 a 16 de agosto de 2026

NARÓN· NEDA· CEDEIRA· VALDOVIÑO
DIEGO ALONSO 5tet – NIHIL
Narón
Parque Freixeiro
Sábado 16 de Agosto de 2025
20:30
De balde

Diego Alonso 5tet – NIHIL no Jazz de Ría – Pazo da Cultura de Narón

O saxofonista e compositor vigués Diego Alonso presenta no Jazz de Ría o seu proxecto máis persoal e ambicioso: NIHIL, un quinteto de jazz contemporáneo que combina a forza da improvisación coa profundidade filosófica e a exploración sonora máis innovadora.

Acompañado por un elenco de músicos galegos de referencia na escena jazzística ibérica —Xan Campos ao piano, Virxilio da Silva á guitarra eléctrica, Pablo Patiño ao contrabaixo e Antón Quintela á batería—, Diego Alonso ofrece un directo que é moito máis ca un concerto: é unha experiencia viva, un diálogo constante entre os intérpretes e o público.

O repertorio baséase nas seis composicións que conforman o seu álbum homónimo, editado en formato dixital e vinilo, e que conta cunha dimensión visual única grazas ás ilustracións do artista Pablo Patiño Moledo. Cada tema está impregnado de referencias filosóficas que van desde o existencialismo de Jean-Paul Sartre, a modernidade líquida de Zygmunt Bauman, a teoría da aleatoriedade de Jacques Monod, ata a visión vitalista de Friedrich Nietzsche.

Desde a súa estrea en 2021, NIHIL percorreu escenarios e festivais de referencia como o Jazz Filloa (A Coruña), o Festival Ames Jazz, o MUMI (Tui) ou o Festival de Jazz de Moaña, consolidándose como unha das propostas máis orixinais e reflexivas do jazz galego actual. O seu álbum foi finalista nos XI Premios Martín Códax da Música 2024.