X EDICIÓN

12 a 16 de agosto de 2026

NARÓN· NEDA· CEDEIRA· VALDOVIÑO
Obradoiro de podcast colaborativo con ÁBRETE DE ORELLAS
Narón
Parque Freixeiro
Sábado 16 de Agosto de 2025
17:00

Durante toda a tarde, Pepe Cunha, director de Ábrete de Orellas, guiará esta actividade de participación libre para quen queira experimentar coa comunicación e a crónica musical. Este obradoiro está aberto a todas as persoas con curiosidade por contar e escoitar historias arredor do jazz. Aprenderemos a gravar, a entrevistar e a construír un relato colectivo que recolla a esencia do festival, e que despois se editará como un podcast especial do Jazz de Ría.

Ábrete de Orellas foi galardonado en dúas ocasións co Premio Martín Códax da Música a mellor Espazo de Comunicación Musical.