X EDICIÓN

12 a 16 de agosto de 2026

NARÓN· NEDA· CEDEIRA· VALDOVIÑO
SUMRRÁ & FRIENDS – 25º Aniversario
Narón
Parque Freixeiro
Sábado 16 de Agosto de 2025
22:00
De balde

Sumrrá, o trío de jazz formado por Manuel Gutiérrez (piano), Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo) e Lar Legido (batería), celebra en 2025 os seus 25 anos de traxectoria cun concerto moi especial no marco do Jazz de Ría. Recoñecidos como o trío galego máis internacional, Sumrrá é unha referencia indiscutible do jazz contemporáneo feito desde Galicia para o mundo.

Ao longo destas dúas décadas e media, Sumrrá actuou en escenarios de prestixio internacional como o Vancouver Jazz FestivalTD Victoria International JazzFest (Canadá), Jarasum Jazz Festival (Corea), Joy of Jazz Festival (Johannesburgo), Jazz à Cours & à Jardins (Lión), Festival Canarias Jazz & MásJazz FilloaEurojazz (México), Jazz in SeúlTanjazz (Tánxer), Festival de Jazz de ÉvoraFestival de Jazz de Moaña, entre moitos outros. A súa música ten cruzado continentes, sempre mantendo unha identidade propia e unha linguaxe sonora recoñecible e libre.

Con sete discos publicados e o Premio Jazz España 2022 no seu haber, Sumrrá é un grupo de culto para os amantes do jazz máis creativo e arriscado. A súa proposta combina virtuosismo, humor, lirismo e improvisación, cunha complicidade escénica que os converte nunha experiencia única en directo.

Para celebrar este 25º aniversario, Sumrrá presenta en Jazz de Ría 2025 un concerto especial titulado “Sumrrá & Friends”, no que estarán acompañados por artistas convidados da escena galega. Durante 75 minutos, revisitarán algúns dos temas máis emblemáticos do seu repertorio, reinterpretados desde a liberdade que caracteriza ao trío. Un encontro irrepetible, cheo de emoción, memoria e celebración.