X EDICIÓN

12 a 16 de agosto de 2026

NARÓN· NEDA· CEDEIRA· VALDOVIÑO
VERMÚ SWING, con SWING ON: aula aberta de lindy hop e sesión de baile con Swing On DJs
Narón
Praza do Concello | Xuvia
Sábado 16 de Agosto de 2025
13:00

Baila lindy hop con Swing On no Jazz de Ría 2025!

O colectivo vigués Swing On naceu hai máis unha década co único obxectivo de celebrar a cultura jazz, creando espazos nos que poder desfrutar do baile e da música desde a inclusividade e a loita contra as desigualdades sociais. Neste vermú swing, faremos unha aula aberta de lindy hop para todos os públicos, para todas as idades, divertida e sinxela para quen xa sabe bailar un chisco e tamén para quen move os pes por primeira vez. Despois, tanto para quen queira seguir bailando como para quen prefira escoitar boa música desde a terraza dalgún dos bares de Xuvia, teremos unha sesión inspirada no que foron as noites do Savoy Ballroom no Harlem dos 30, salpicadas de hot jazz, bebop, hard bop, ou jump blues.

💃🕺 Actividade gratuíta, sen inscrición previa. Só tes que achegarte e deixar que a música te leve.