Narón
Centro de interpretación dos muíños industriais de Xuvia
Sábado 16 de Agosto de 2025
11:30

*Inscrición gratuíta a partir do 1 de agosto
Acompañadas polas guías do centro de interpretación dos muíños industriais de Xuvia, percorremos a fábrica de fariñas máis importante do século XVIII, unha viaxe ao pasado industrial de Narón a través da historia do emprendedor Jean Lestache, figura clave no desenvolvemento da comarca na Ilustración. E entre a maquinaria dos muíños, a música do acordeonista Fran Trashorras e o saxofonista Ismael Cives, achegando ao jazz melodías da música popular, nun perfecto diálogo co espazo e a historia.