VI EDICIÓN
11 a 14 de agosto
NARÓN · NEDA · CEDEIRA

VI EDICIÓN
11 a 14 de agosto de 2022
NARÓN · NEDA · CEDEIRA

Jazz de Ría é un festival de jazz pensado para a privilexiada Costa Ártabra. Desenvólvese nos concellos marítimos da comarca, baixo a mesma marca, sendo estes variábeis ao longo das diferentes edicións, conseguindo unha importante colaboración e un necesario diálogo entre estes lugares unidos polo mar. A tradición marítima e industrial, as súas características naturais e o seu espectacular patrimonio naval, foron fonte de inspiración para crear este festival.

A proposta artística procura un equilibrio entre o jazz galego e os proxectos máis interesantes do jazz estatal, apostando polo intercambio e a colaboración con artistas e festivais doutros lugares. A programación deséñase para as localizacións, polo que a integración no territorio é total. A participación da veciñanza e a recuperación da memoria son tamén parte da filosofía do Jazz de Ría. Todas as actividades son abertas, gratuítas e accesíbeis.

Nas súas primeiras edicións, o festival celebrouse en lugares singulares de Ferrol e Mugardos, como o Castelo de San Felipe, a Praza Vella, o Campo do Río do Seixo ou mesmo a lancha que une as dúas beiras da Ría. No 2021 trasladouse a Narón e Neda, unha nova aposta que o levou a gañar o Premio Organistrum Extraordinario nos Premios Martín Códax da Música, co que destacaron as súas boas prácticas en material laboral, de sostenibilidade e igualdade e a integración no entorno, entre outras cousas.

Neste 2022, para a sexta edición do Jazz de Ría, o Concello de Cedeira únese aos Concellos de Narón e Neda, colocando a Costa Ártabra nun lugar destacado no mapa dos festivais de jazz.