VI EDICIÓN
11 a 14 de agosto
NARÓN · NEDA · CEDEIRA

HISTORIA

Jazz de Ría 2021

Tras celebrarse en Mugardos e Ferrol, Jazz de Ría viaxa para descubrir novos espazos nos concellos de Narón e Neda para presentar unha programación que no seu momento aposta de novo pola calidade, a diversidade, a posta en valor do territorio, e o apoio incondicional ás propostas artísticas galegas.

Jazz de Ría 2020

No 2020, a programación do Jazz de Ría estivo condicionada pola situación sanitaria e centrouse únicamente en propostas de jazz do país. Así, volveu ofrecer ao público a oportunidade de descubrir a creatividade e a calidade das artistas galegas, desta vez, en exclusiva.

Jazz de Ría 2019

Ferrol e Mugardos reuníronse de novo para celebraren a terceira edición do noso festival. Tres días para gozar das propostas galegas, estatais e internacionais do mellor jazz actual con concertos gratuítos en escenarios únicos.

Jazz de Ría 2018

A presentación da II edición foi no peirao de Curuxeiras, de xeito simbólico, a bordo da lancha que fai o percorrido entre as dúas beiras da ría e simboliza o espírito de unión e cooperación co que organizamos este festival.

Jazz de Ría 2017

A primeira edición do Jazz de Ría celebrouse os días 19 e 20 de agosto de 2017 e constou de catro concertos, en Ferrol, e Mugardos, situados en fronte o un do outro, nas dúas beiras da ría de Ferrol.