VIII EDICIÓN
do 16 ao 20 de agosto
NARÓN· NEDA· CEDEIRA· VALDOVIÑO

ESCOLA DA VACA | obradoiro de construción de instrumentos con material de refugallo
Narón
Parque Freixeiro
Sábado 17 de Agosto de 2024
16:00
De balde

A Escola da Vaca (Ferrol) leva máis de 25 anos adicada á formación musical. Preocupadas pola nosa contorna e a cantidade de refugallo que xeramos, comezaron hai uns anos cos obradoiros de reciclaxe, empregando eses materiais para fabricar instrumentos como maracas, caixas, tambores, paus de choiva, pandeiros ou bongós.

Obradoiro dirixido a nenas e nenos de 4 a 12 anos, divididos en diferentes grupos segundo a idade.
A actividade durará aproximadamente 2 horas. Na primeira hora construiranse e decoraranse os instrumentos, e na segunda farase un combo de percusión para que os participantes poidan tocar con eles no festival.

As nenas e nenos participantes deberán ir acompañadas por un adulto que estará en todo momento localizable e no recinto do festival durante o desenvolvemento da actividade.