Este xoven pianista menorquín é unha das aparicións máis brillantes e prometedoras na escena musical estatal en décadas, un artista destinado a conquistar calquera escenario imaxinable do mundo, tendo actuado nos mellores festivais e auditorios de máis de 30 países, facendo unha media de 180 concertos ao ano e gravando máis de 50 discos (15 como líder). Para “Letter to Milos”, o proxecto que nos achega a Narón, acompáñase de Aleix Tobias na percusión e Martín Meléndez no cello. Este traballo lévanos, a partir dos códigos do jazz, á música tradicional ibérica, ao son cubano ou ata á música circense, nunha mostra moi sincera da identidade artística de Marco, nunha carta de amor ao seu fillo Milos.
Entradas de balde dispoñibles na billeteira do Pazo da Cultura desde o 1 de agosto.
Horario: de luns a venres de 9:00h a 14:00h e de 18:00h a 20:30h.
As entradas tamén se poden reservar no teléfono 981 102 897 (mesmo horario).
O día do concerto, a billeteira estará aberta ata a hora de inicio.