Ruta a pe desde a Praia de Pantín ata a Praia do Baleo, con intervencións do saxofonista Lois Rivera e do escritor Antón Cortizas.
Saída da caseta de socorrismo de Pantín.
Duración aproximada: 1 hora.
A ruta non é circular. A volta a pe desde Baleo a Pantín pola pista é de aproximadamente 15 minutos.
O roteiro é moi sinxelo, pero polas características do camiño, non está recomendado para persoas con mobilidade reducida. Tampouco para carriños de bebé, mellor portear.