VII EDICIÓN
do 18 ao 21 de agosto
NARÓN· NEDA· CEDEIRA· VALDOVIÑO

STOMPY SEVEN JASS BAND
Narón
Parque Freixeiro
Sábado 19 de Agosto de 2023
13:30
Entrada libre

Stompy Seven Jass Band é unha banda especializada no hot jass, o dixieland e o blues xurdido nos marabillosos anos 20 do século pasado en Nova Orleans. Influenciados por Louis Amstrong, Jelly Roll Morton ou King Oliver entre moitos outros, reinterpretan a música de todos estes grandes mestres desde un punto de vista propio e orixinal, mantendo ao tempo toda a esencia e homenaxeando a toda unha xeneración de xenios que deron un novo rumbo á historia da música. Mery Lafuente, Gueorgui Organesian, Fernando González, Iago Ríos, Santiago Roma, Alber Grela e Santiago González, reviven este estilo tan popular onde se misturan os ritmos do charleston, o fox trot e o swing, iniciando unha viaxe evocadora a aquela época.